Coñece o Ortegal

Sobre o mapa, este territorio do norte de Galicia destaca polo seu tamaño. A localidade, de pouco máis de 7.000 habitantes, situada á metade do camiño da serpenteante estrada que une Ferrol e Viveiro, constitúe un espazo rural por descobrir que apenas adiviñan, na súa magnitude, quenes a visitan cada ano para gozar do folk e da festa global do Festival do Mundo Celta.

Tras esta paréntese de efervescencia, Ortigueira tórnase calma, sosego. A súa ría protexida de importancia internacional, unha costa salvaxe, allea ao boom do ladrillo, o seu patrimonio rehabilitado, a boa mesa e a hospitalidade das súas xentes conviriten o municipio en destino perfecto para quen procure a tranquilidade e non se conforme con sol e praia.

Se che quedan enerxías despois da noite de conertos, propoñémosche a mellor actividade paralela. Despreguízate, colle o necesario, e aproveita o día para perderte por esa Ortigueira descoñecido; recomendable para visitar sen agobios. Toma nota. Aí van algunhas suxestións.

Hoteis e restaurantes

O Concello de Ortigueira ten no turismo unha importante fonte de ingresos. Os servizos de aloxamento e restauración adáptanse á demanda e contan cun bo número de instalacións. Descarga a guía de hostalaría e programa a túa estancia.

Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

facebook twitter tuenti youtube foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

Concello de Ortigueira