Programación 2010

Xoves 8 de xullo

22 h- Noite de folk rock

Escenario Estrella Galicia
Krêposuk (Bretaña)
Celtas Cortos (Castela León)
Oysterband (Reino Unido)

17 h- Feira de artesanía

Paseo marítimo
Apertura das casetas do feiral

18 h- Universo Crebinsky

Teatro de Beneficencia
Estrea do film (5 €), e despois, actuación da Banda Crebinsky na Praza Isabel II

20 h- Inauguración exposicións:

Casa do Concello
"Carácter Celta"

"Olladas no Camiño de Santiago"

20:15 h- Inauguración musical

Praza de Isabel II e Alameda
Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia), Johnston Pipe Band (Bretaña), Banda de Gaitas Viana - Manzaneda (Galicia), Dúo zanfona e voz (Óscar Fernández e Cristina Pico) e cuarteto de gaitas escocesas.

Venres 9 de xullo

20 h- Sesión de concertos

Escenario Estrella Galicia
Marful (Galicia)
Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia)
Orion (Bélxica/Bretaña/Irlanda)
Cristina Pato + convidados (Galicia)
Afterhours, "The bothy band tribute" (Irlanda)
Qui hi ha? (Cataluña)

12 h- Pasarrúas

Biblioteca - Praza de Isabel II
Johnstone pipe band (Escocia)

17 h- Universo Crebinsky

Praza de Isabel II + Teatro
Banda Crebinsky + película (5 €)

18 h- Pasarrúas

Biblioteca- Campo San Roque
Bagad Karreg An Tan (Bretaña), Banda de gaitas Viana- Manzaneda e corpo de baile da Asociación Gamela e Anduriñas (Galicia)

18:30 h Mostra bandas e baile

Campo de San Roque
Coas agrupacións do desfile previo

20 h- Universo Crebinsky

Praza de Isabel II + Teatro
Banda Crebinsky + película (5 €)

Sábado 10 de xullo

20 h- Sesión de concertos

Escenario Estrella Galicia
Bagad Karreg An Tan (Bretaña)
Chirlomirlo (Galicia)
Leilía (Galicia)
Anxo Lorenzo Band (Galicia)
Gaelic Storm (EE.UU.)
Shooglenifty (Escocia)
Rare folk (Andalucía)

12 h- Pasarrúas

Praza de Isabel II- Avda. da Penela
Banda de gaitas El Enxambre (Asturias)

12 h- Concerto didáctico

Claustro da Casa do Concello
Molard Brothers

16 h- Radio en directo

Teatro de Beneficencia
Lume na palleira de Radio Galega

17:30 h- Pasarrúas

Praza de Isabel II- Avda. da Penela
Johnstone pipe band (Escocia), Banda de gaitas Celturia (Valencia) e Banda de gaitas Mazikandú (Murcia)

18 h- Mostra de baile

Avda. da Penela
Coas agrupacións do desfile previo.

18 h- Concerto na rúa

Praza de Isabel II
Molard Brothers

19:30 h- Firma de discos

Tenda oficial da Alameda
Xosé Manuel Budiño, "Volta"

Domingo 11 de xullo

17 h- Proxecto Runas 2010

Escenario Estrella Galicia
Celtic Maze (Madrid)
Xabi Aburruzaga(Euskadi)
The Crass (Galicia)

12 h- Desfile de bandas

Saída dende explanada de concertos
Escola de Gaitas de Ortigueira, Banda de gaitas de Ladrido, Banda de gaitas de AC Malante de Malpica, Banda de gaitas Viana- Manzaneda, Cuarteto Os Viqueiras (Galicia), Johnstone pipe band (Escocia), Bagad Karreg An Tan (Bretaña), Banda de gaitas El Enxambre (Asturias), Banda de gaitas Celturia (Valencia), Banda de gaitas mazikandú (Murcia)

14 h- Radio en directo

Teatro de Beneficencia
Lume na palleira de Radio Galega

19 h- Universo Crebinsky

Teatro de Beneficencia
Último pase de "Os Crebinsky" (5 €)

Actividades paralelas

Exposición "Carácter Celta"
Un ano máis, un fotoxornalista presenta a súa mirada sobre a cita folk. Nesta ocasión, o elixido é Ángel Manso, profesional ligado a La Voz de Galicia. A través das súas instantáneas sobre o ambiente, as xentes e os concertos poderase revivir o que foi a edición 2009 do Festival Ortigueira. A colección abriráse ao público días antes do Festival, no claustro da Casa Consistorial.

Exposición "Olladas no Camiño de Santiago"
A Casa Consistorial (1ª planta) acolle esta exposición itinerante do Xacobeo 2010 que mostra, dende a óptica dos fotógrafos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz, a riqueza que o fenómeno xacobeo xenera en Galicia. A paisaxe, o patrimonio arquitectónico, os peregrinos visitantes e persoas que viven ao longo dos Camiños que levan a Santiago son rexistrados polas cámaras destes seis autores.

Universo Crebinsky: película e banda
O Festival Ortigueira acolle a estrea dunha das películas galegas máis agardadas do ano: Os Crebinsky. Rodada en terras do Ortegal, esta comedia de aventuras de produción 100% galega, está dirixida por Enrique Otero e constitúe unha auténtica road movie.

O filme mostra aos irmáns Crebinsky (Miguel de Lira e Sergio Zearreta) no seu peregrinar á procura da súa vaca Muchka. Será unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e lembranzas borradas. Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen. Completan o reparto da película, entre outros, Luis Tosar e Celso Bugallo.

Pero o Universo Crebinsky inclúe ademais o animado espectáculo da
Banda Crebinsky, formación musical capitaneada pola estrela do leste, Vazdín Yukhknevich (voz e acordeón), que acompañará o xoves e o venres ao filme na súa estrea en Ortigueira.

Feira de artesanía
O Festival reserva espazo no paseo marítimo para a venda de produtos artesanais. Casetas e postos ambulantes ofrecerán aos visitantes diversidade de pezas únicas, produtos de reventa e artesanía do mundo. A organización primará a promoción de sectores en risco de desaparición e as propostas máis novas. Estará activa dende o mediodía e ata depois de acabados os concertos.

Curso gratuíto de zanfona, impartido polo mestre zanfonista, Óscar Fernández (12 prazas, á metade dos participantes prestaráselles a zanfona, grazas ao apoio do Concello de Narón).

Curso gratuíto de construcción de palletas, co mestre palleteiro Javier Pena Louzao (Bossa) (10 prazas)- Xoves, de 16 a 18 h; venres, de 11 a 13:30 h e de 16 a 18 h ; sábado, de 11 a 13:30 h.

Curso gratuíto de regueifa, da man de Luis "O Caruncho" e Benito Bieito (40 prazas)- Xoves, venres e sábado, de 11:00 a 13:30 h.

Curso gratuíto de baile galego con Xavier Espasandín, profesor de baile da Asociación Gamelas e Anduriñas (20 prazas de iniciación, 15 de perfeccionamento) - Iniciación: venres e sábado de 11:30 a 13:30 h. Perfeccionamento: venres e sábado de 16:30 a 18:30 h.

Curso gratuíto de bouzuki, impartido por Fernando Barroso (10 prazas)- Xoves, venres e sábado de 10:30 a 13 h. Requírese dominio suficiente do instrumento.

Curso gratuíto de guitarra folk celta, impartido por Fernando Barroso (10 prazas)- Xoves, venres e sábado de 16:30 a 19 h.

Radio en directo
Radio Galega Música emite, dende o Teatro de Beneficencia, sendos monográficos do programa Lume na Palleira sobre o Festival Ortigueira. Presentado por Emilio Españadero, realizaranse o sábado a partir das 16:00 horas e o domingo dende as 14:00 horas.


Podes descargar aquí o programa de man con todas as actividades do Festival (pdf 584kb)

Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

facebook twitter foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

Concello de Ortigueira