Novas

31/03/2017

O CANADIENSE YVES LAMBERT, no Festival no Teatro

VIERNES 7 DE ABRIL. 20.30 HORAS.

 

YVES LAMBERT TRÍO. - CANADÁ.

O vindeiro 7 de abril Venres, as 20,30 horas actuará o músico canadiense YVES LAMBERT, en formato trío, xunto a  Tommy Gauthier y Olivier Rondeau. Prezo 3,50 euros.

Co-fundador e membro do grupo de culto de Québec La Bottine Souriante durante 26 anos, Yves Lambert abandona esta formación xaneiro de 2003 e foi en busca de novas aventuras. Sempre ao acecho de novos  talentos.

Foi en 2004 cuando formou a Bébert Orchestra.

 A crítica de Québec no dubida en presentar a Yves Lambert como unha luz no mundo musical, por súa persoal maneira de entrelazar a música coas experiencias vitais. O virtuosismo e a pasión dos músicos, permiten explorar sonoridades  dentro de unha grande fusión de estilos.

 Yves Lambert presenta un espectáculo creativo e explosivo con cancions tradicionais actualizadas. recrean xoyas musicais de autores contemporáneos ligados a Québec a a música de países celtas.

 En 2017 presenta seu novo traballo “Laissez Courir Les Chains”

VENDA DE ENTRADAS

 Venda presencial nas oficinas de cultura, no edificio do Concello.

Dende el martes 4 de abril, en horario de 11 a 13 horas.

 Por Internet

1.- Mediante petición por email a "cultura.deportes@concellodeortigueira.com"

Máximo 4 entradas por solicitude.

Confirmarase por mail a dispoñibilidade e facilitarase un numero de conta para facer o ingreso do importe das entradas.

Remitirase por mail copia do ingreso do prezo das entradas e quedarán reservadas ao nome do solicitante, para retirar o mesmo dia do concerto.

Máis novas


Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

facebook twitter tuenti youtube foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

Concello de Ortigueira