Novas

10/03/2017

ALAW, de Pais de Gales, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, 17 de marzo .20 horas.

Unha vez comezado o ciclo “Festival no Teatro”, unha nova iniciativa musical   preséntase no  Teatro da Beneficencia. Esta vez  tócalle ao grupo de Gales , ALAW, un trío de violín, acordeón e guitarra, formado polo acordeonista Jamie Smith, acompañado de

 Dylan Fowler a guitarra  e Oli Wilson-Dickson ao violín.

 Venda de entradas

 Venta presencial nas oficinas de cultura, no edificio do Concello.

Dende el luns 13 de marzo, en horario de 11 a 13 horas.

 Por Internet

1.- Mediante petición por email a "cultura.deportes@concellodeortigueira.com"

Máximo 4 entradas por solicitude.

Confirmarase por mail a dispoñibilidade e facilitarase un numero de conta para facer o ingreso do importe das entradas.

Remitirase por mail copia do ingreso do prezo das entradas e quedarán reservadas ao nome do solicitante, para retirar o mesmo dia do concerto.

ALAW

A banda do Pais de Gales, ALAW, actuará no teatro da Beneficencia o vindeiro  17 de marzo, a las 20 horas.

 Sobre a base dunha gran riqueza de experiencias musicais ‘Alaw’ envía ao público a un viaxe musical a través das  vellas cancións de Gales.

Oliver Wilson-Dickson toca o violín no grupo Jamie Smith’s Mabon e na Orquesta de Ian McMillan. Descrito pola revista R2 como "un violinista expresivo e excepcional".

 Como compositor escribiu música para producións teatrais e para a BBC Radio 4.

Dylan Fowler é músico profesional dende fai casi 30 años e nese tempo estivo activo en moitas áreas da música como intérprete / compositor e arreglista. Sua faceta musical  básase na experiencia no jazz europeo contemporáneo, a música tradicional da diáspora celta - en particular súa herdanza galesa e súa ampla experiencia como colaborador de músicos de países como India, Bulgaria, Serbia, Bosnia, Finlandia, Noruega, Canadá, Alemania e Italia.

Jamie Smith é un dos mellores acordeonistas e escritores da nova música acústica do Reino Unido. É un músico popular que se especializa na música dos celtas, desenterra e presenta melodías e cancións raramente escoitadas, de sitios como a Illa de Man e Galicia.

Jamie lidera o grupo Mabon con quen actuou por todo o mundo.

A banda publicou catro álbums ata hoxe, todas con composicións orixinais de Jamie.

 

17 de marzo,

20 horas

entrada 3,50 euros

Máis novas


Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

facebook twitter tuenti youtube foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

Concello de Ortigueira