contactomapa web

Noticias
Noticias e axenda
Rolda de Subscrición
Festival 2009
Proxecto Runas'09
Profesional
Lembraste
Espazo campista
Guia util
O celtismo
O teu festival
Patrocinio




Noticias

Estrea do álbum debut dos gañadores do Runas'06, Daniel Bellón & Diego Maceiras

[02/01/2007] Os gañadores do Escenario Runas'06, o gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras- que se acompañaron para a ocasión polo guitarrista Álex Blanco veñen de presentar o seu traballo discográfico: Unión das Terras. A publicación é o premio por trunfar, tamén o pasado ano, no Certame Folque de Radio Obradoiro.


Os feneses estrearon o pasado 29 de decembro na súa vila natal o que será o seu primeiro álbum, titulado Unión das terras. O proxecto, no que participan artistas convidados, é unha suma de composicións propias e "reinterpretacións" de temas de corte tradicional doutras culturas.

Culminaba así un ano inzado de éxitos para estes mozos, tanto como grupo como a nivel individual. Cómpre destacar que Daniel pechaba o verán arrasando de novo no prestixioso premio de gaita Constantino Bellón.

A estrea foi ademais anticipo dun ano prometedor no que o dúo- acompañado outra vez por Álex Blanco- debutará, grazas ao apoio do público do Escenario Runas, no palco principal do Festival Ortigueira'07, que terá lugar entre o 5 e o 8 de xullo.

« Volver
 

 

Máis información:


Axenda
Concello de Ortigueira