![]() |
Rolda de Subscrición ![]() |
Noticias [11/04/2006] Tras hora e media de análise e avaliación dos centos de deseños presentados, o xurado presidido polo alcalde de Ortigueira vén de elixir ao titulado "Un lugar para todos " como cartel oficial da edición 2006 da cita folk. O seu autor embólsase nada menos que 10.000 euros. O primeiro concurso convocado para seleccionar o afiche do Festival Ortigueira'06 xa ten gañador. O cartel presentado por Modesto García Maldonado- estudante de publicidade de 19 anos- será finalmente o que utilice a organización do evento, que ten lugar do 6 ao 9 de xullo, nas súas campañas de publicidade exterior. O xurado integrado polo intelectual Isaac Díaz Pardo, o escultor Rafael Nadales, o historiador Felipe Senén, o profesor de deseño gráfico Jorge Lens e representantes da organización como os concelleiros de Cultura e Obras, a asesora de Urbanismo o coordinador do certame e máis o seu director artístico optou, de entre os 253 en liza ( 58 foron desaclificados por non aterse ás bases), por este deseño chegado dende Fuengirola. O tribunal considera que o afiche finalista é o que mellor recolle a filosofía do veterano festival e o máis eficaz dende o punto de vista publicitario. O gañador recibirá un premio de 10.000 euros e deberá agora presentar diferentes adaptacións do cartel así como o deseño doutros elementos de corte informativo como os programas de man. Tódolos carteis estarán a exposición no claustro de concello ata o vindeiro domingo. A mostra se poderá visitar de 17:00 a 21:00 horas e o público poderá votar o seu cartel favorito, para o que se instalará neste espazo a correspondente urna. |
Máis información:
|