Os paises celtas

Mapa de Europa
Na estrema occidental de Europa, as fisterras do vello continente cartografían os territorios dos chamados países celtas.

Na fachada atlántica europea trazouse na antigüidade un arco de relacións comerciais e culturais que se renova na contemporaneidade ao abeiro da música e a reivindicación dunhas raíces culturais compartidas. Os vencellos esténdense dende Escocia ata Galicia e o seu contorno, abranguendo a costa cantábrica -Asturias, Cantabria- e parte dos territorios do norte da meseta, pasando asemade por Irlanda, a Illa de Man, Cornualles, Gales e Bretaña.

Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

facebook twitter tuenti youtube foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

Concello de Ortigueira