volver

Grupos

Escola de Gaitas de Ortigueira


Comezou sendo un colectivo de xentes con inquietudes no terreo do folc e a música galega en xeral e converteuse na semente do que sería a primeira formación dunha banda de gaitas en Galicia, ademais de ser a fundadora do Festival do Mundo Celta. Un novo tipo de formación baseada no respecto á música de raíz e á gaita.


En 2005, 30 anos

Non podía faltar á súa cita e menos neste ano tan especial. A Escola, fundadora nos tempos de Xavier Garrote do Festival do Mundo Celta, fai en 2005 trinta anos de vida. E celébrao cunha volta ás orixes.

Decana das escolas de gaita de Galicia retoma a reivindicación do papel da gaita galega dentro da cultura tradicional, fronte a estereotipos alleos ao propiamente noso. A súa presencia no Escenario Estrella, dirixida por Rodrigo López, estreou os macroconcertos da Alameda nesa XXI edición do Festival.  

O seu repertorio nútrese na actualidade tanto de pezas tradicionais como de temas de autor e composicións arranxadas polo seu novo director, Rodrigo López.


Máis información

Vídeos

  • Ampliar vídeo

    • Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2005 - Fotografía: María X Castro
      Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2005 - Fotografía: María X Castro
    • Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2009
      Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2009
    • Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2008
      Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2008
    • Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2008
      Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2008
    • Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2005 - Fotografía: María X Castro
      Escola de Gaitas de Ortigueira, Festival 2005 - Fotografía: María X Castro

    Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

    facebook twitter foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

    Concello de Ortigueira