volver

Grupos

Chirlomirlo


Chirlomirlo sae a escea pola necesidade duns músicos da Escola de Gaitas de Ortigueira de mostrar ao público outro xeito de interpretar o repertorio galego de gaita. Faino, aproveitando a precisión da banda, o xenio e creatividade das foliadas e sardiñadas e, como non, as moitas táboas gañadas nos palcos de festivais e festas.

A banda consegue que parezan novas melodías de sempre. El artífice del proyecto es Rodrigo López, director musical da Escola de Gaitas de Ortigueira (gaitas do e sol), acompañado por Isma (percusión), por César Yánez (bombo e bouzouqui) e tamén músicos da Escola. Completa o cadro o ferrolán  José Eulogio Rodríguez, "Chechu"(acordeón e piano).

Chirlomirlo fai música tabernaria, para bailar e gozar. A experiencia dos integrantes da banda (Bágoa de Raíña, Os Zarambeques, Dómine Cabra, Adival, Ziricollos, Serralle ai, Berros do Castro etc..) garanten boa festa.


Chirlomirlo


Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

facebook twitter foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

Concello de Ortigueira