volver

Grupos

Anxo Lorenzo Band


Pasou fugazmente fai un lustro polo Escenario Estrella Galicia. Fíxoo como colaborador de Lúnasa, protagonizando un dos momentos álxidos do concerto. Entón, este gaiteiro moañés prometía. Agora volve como cabeza de cartel, estreando- tras a experiencia de Studio 986- proxecto en solitario e un primeiro álbum, "Tirán", en homenaxe á súa aldea.

 

Inspirado nunha longa viaxe musical, compartindo melodías de distintos puntos do planeta, o repertorio inclúe temas tradicionais versionados e outros máis contemporáneos, pero interpretados todos en acústico.

 

Non dubida en explorar os límites do instrumento, apostando por mesturas innovadoras á hora de traballar sobre a música de raíz. Din del que, polo seu virtuosimo e a súa creatividade, reúne todas as calidades para alcanzar o éxito. Levantará ao persoal.


Máis información

Anxo Lorenzo

Anxo Lorenzo


Festival internacional do mundo celta de Ortigueira | Declarado festa de interese turístico nacional

facebook twitter foro blog RSS | Aviso legal | Accesibilidade | Mapa da web | Contacto

Concello de Ortigueira