![]() |
![]() |
« Festival 2009 La bottine souriante ![]() Ortigueira vibrará unha vez máis co abraiante directo deste grupo de nove músicos de Quebec, unha banda tradicional cun toque vangardista e festivas melodías. A súa longa traxectoria, iniciada hai 33 anos, e un público máis que fiel levounos a ocupar un lugar privilexiado na escea internacional. Fieis á súa herdanza cultural, non renuncian a incorporar influencias doutras músicas dende a sensualidade da salsa ao swing jazzeiro de Nova Iorque. Un espectáculo completo que fai da música a única linguaxe universal. |