contactomapa web

Noticias
Festival 2009
No 2009, 31 anos
Proxecto Runas'09
Profesional
Lembraste
Espazo campista
Guia util
O celtismo
O teu festival
Patrocinio




« Festival 2009

Xosé Manuel Budiño




Unha gaita liberada de tópicos e revestida de vangarda. Xosé Manuel Budiño volve ao Escenario Estrella Galicia co seu álbum máis experimental, Home. Neste traballo discográfico, froito das súas múltiples viaxes por distintos continentes, explora como nunca antes as posibilidades expresivas que posibilitan as novas tecnoloxías. Nel xogan e se integran samples e los instrumentos máis tradicionais de Galicia.

Compositor, intérprete, arranxista e productor. O gaiteiro máis innovador asumiu todos os roles posibles neste disco, no que colaboraron, entre outros, Jacky Molard, Kepa Junkera, Mercedes Peón ou o vocalista Xoel López. Publicouse no 2007 coincidindo co décimo aniversario da saída ao mercado de Paralaia, o seu primeiro disco en solitario, e tras o éxito dos posteriores Arredor (2000) e Zume de Terra (2004).

Creativo como poucos, Budiño prepara o seu novo proxecto musical. O seu próximo paso por Ortigueira, un festival ao que se entrega cada ano, como público ou como cabeza de cartel, será esencial para avanzar nese proceso creativo.


 
Concello de Ortigueira