contactomapa web

Noticias
Festival 2009
No 2009, 31 anos
Proxecto Runas'09
Profesional
Lembraste
Espazo campista
Guia util
O celtismo
O teu festival
Patrocinio




« Festival 2009

Wolfstone




Máis de dúas décadas de traxectoria permiten presentar a Wolfstone como paradigma do entendemento entre o folk tradicional e o rock máis duro. Isto tradúcese en directos enérxicos, nos que non faltan as palmas e os saltos do público, aínda a pesar de que o grupo que asinaba o disco Not Enough Shouting (balbordo insuficiente) temperouse.

A banda que lideran o violinista de Inverness Duncan Chisholm e Stuart Eaglesham (guitarra acústica, voz) volverá pisar as táboas de Ortigueira, tras seis anos de ausencia. Farao cunha formación renovada e cun produto evolucionado, que se sustancia no seu décimo traballo discográfico, "Terra asina", no que gañan peso os temas cantados.

A batería de Alyn Cosker domina a impoñente base rítmica deste sexteto de virtuosos que completan Stevie Saint (gaitas escocesas e frautas), Colin Cunningham (baixo) e Davie Dunsmuir (guitarra eléctrica), ademais das pezas fundamentais da banda, o dúo fundador. A presenza da banda no cartel é, desde aquel 2003 en que trunfaron con Almost an island, unha demanda continua dos folkies. Festa por todo o alto.


 
Concello de Ortigueira