![]() |
![]() |
« Festival 2007 Milladoiro ![]() A piques de cumprir 28 anos xuntos, volven a Ortiguera, onde non actuaban dende o 2000. Milladoiro presentará o domingo 8 de xullo na Alameda os temas do seu traballo máis recente Unha estrela por guía, co que rende homenaxe ao poeta Manuel María. A formación é unha das máis veteranas da cita musical, xa que participou nas primeiras edicións e o seguiu facendo dende entón. Os seus fundadores actuaron mesmo no primeiro Festival como integrantes doutros proxectos. Poucos meses despois nacía Milladoiro na Coruña. A Galicia de Maeloc, Castellum honesti, Galicia no país das maravillas ou Gallaecia fulget son só catro dos vinte albumes que converten a súa discografía en patrimonio colectivo do país. O seu último traballo é o primeiro integramente cantado da súa traxectoria artística, enraizada na tradición e marcada pola minuciosidade interpretativa. Aos versos sempre comprometidos do autor lucense, ponlles voz unha colaboradora de luxo, a ferrolana Laura Amado. Web oficial de Milladoiro |