contactomapa web

Noticias
Festival 2009
Proxecto Runas'09
Profesional
Lembraste
Espazo campista
Transporte
Campamentos
Praia Morouzos
Guia util
O celtismo
O teu festival
Patrocinio




Campamentos

O Festival de Ortigueira pon á disposición dos visitantes unha ampla zona de acampada libre, situada a carón da praia de Morouzos e da ría de Ladrido. Neste espazo privilexiado, xunto ao mar e baixo os piñeirais que acubillan do sol, pernoctan cada ano milleiros de persoas.

Os campamentos contan con iluminación nocturna e servizo de recollida de lixo. Están equipados con aseos e duchas, adaptados para o seu uso por parte de persoas con mobilidade reducida.

Persoal do Concello encárgase de limpar estes inodoros ao longo de todo o día. Co obxectivo de seguir mellorando a infraestrutura de servizos, este ano instalaranse trinta novas duchas arredor do campo de fútbol.

Atoparás ademais varios espazos con lareiras, mesas e bancadas, nos que é posible cociñar ao aire libre.




Tempo de diversión
Nunca hai "tempos mortos" na zona de acampada. Mar, sol, deportes... Calquera situación e lugar préstanse en Ortigueira para coñecer xente nova e establecer lazos de amizade que perduren no tempo.

A organización do Festival sábeo e poténciao. Por iso, xunto ao campo de fútbol, atoparás unha carpa oficial con música, comida e bebida. Para que non che falte de nada.


 
Concello de Ortigueira